Dende o Sada Cf apoiando as iniciativas solidarias do Concello de Sada, queremos dar visibilidade a esta gran proposta.
Agora, mais que nunca, temos que demostrar a solidariedade do Concello de Sada.
Na Praza Suárez Picallo, fronte a Casa da Xuventude, estará situada a unidade móbil de doazón de sangue.
Non é necesaria cita previa e os horarios son os seguintes:
VERNES 15
10:00 – 14:00
16:00 – 21:00
SÁBADO 16
10:00 – 15:00
NON DEIXES ESCAPAR ESTA OPORTUNIDADE DE APORTAR O TEU GRAO DE AREA